EQUIPO DE SON E REDACTORES 2013-14


O 2 na Onda é a radio escolar do CEIP Nº2 de Tui integrada por alumnos e alumnas do terceiro ciclo de primaria que son os encargados de redactar os programas e gravalos. Un traballo íntegramente realizado por eles coa figura do mestre como mediador na resolución dos posibles problemas  ou conflictos que poidan xurdir.
Está constituída por  2 grupos de 12 alumnos cada un: 
  • O primeiro grupo encárgase de levar a radio adiante nos meses de outubro- novembro- decembro-xaneiro e febreiro.
  • O segundo grupo en marzo- abril- maio e xuño.

En cada grupo hai dous equipos: Equipo de son ( 5 integrantes) e o equipo de redación e locución  ( formado por 6 integrantes).


O equipo  sae 2 sesións á semana (mércores e venres) de 20´ cada unha ( un total de 40 minutos á semana). Nestas sesións elabóranse os programas, o equipo de son prepara a música e cando temos todo listo, gravamos para logo subilo ao blogue ou a páxina web. Esta gravación tamén se emite no colexio para que a poidamos escoitar todos.

Os  programas constan de varias sección, temos unha de entrevistas na que teñen participado rapaces e rapazas de todo o colexio dende ifantil ata primaria. 
Ademáis disto, a radio e os seus integrantes están á disposición de todo o centro: Se unha clase en concreto quere facer un programa, convidamos a alumnos a falar ou explicar temas de interese para o programa, entrevistas aos mestres de inglés, programas en inglés, visita dos nen@s de infantil, un programa de dedicatorias, programas especiais novas ou acontecementos importantes... 

Temos moita ilusión posta neste proxecto, ademais dos obxectivos que nos propuxemos ao principio, estamos a ver que o que máis nos motiva a continuar é a responsabilidade e ilusión coa que os alumnos baixan ao estudo de redacción e gravación. Por todo isto, SEGUIREMOS A TRABALLAR NESTE MELODIOSO OBXECTIVO. 

GRUPO 1


FORMADO POR:
  1.  ESTER ÁLVAREZ MARTÍNEZ.(5ºA)
  2. PAULA GONZALEZ GONZALEZ ( 5ºA)
  3. ALEJANDRO AREAL GONZALEZ (5ºA)
  4. IAGO (5ºB)
  5. ALEJANDRO (5ºB)
  6. CANDELA (5ºB)
  7. ADRIÁN (6ºA)
  8. CRISTIÁN (6ºA)
  9. VANESA (6ºA)
  10. CATALIN (6ºB)
  11. AINOHA (6ºB)
  12. MARTÍN (6ºB)

ESTES SON
Estades a facer un moi bo traballo. Noraboa!!


GRUPO 2

FORMADO POR:
  1. SOFÍA LEDO CIVIDANES (5ºA)
  2. VICTOR GONZÁLEZ ÁLVAREZ (5ºA)
  3. DAVID GONZÁLEZ GONZÁLEZ (5ºA)
  4. MARTA (5ºB)
  5. ALBA (5ºB)
  6. MARÍA ROSADA (5ºB)
  7. CARLA (6ºA)
  8. LUCAS (6ºA)
  9. SAÚL (6ºA)
  10. NAÍM (6ºB)
  11. CAROLA (6ºB)
  12. NURIA (6ºB)
ESTES SON




No hay comentarios:

Publicar un comentario